Document details

Vontade : centro de discapacitados, A Rocha, Tomiño

Author(s): Pérez Souto, Alexandre

Date: 2011

Persistent ID: http://hdl.handle.net/10400.26/8702

Origin: Escola Superior Gallaecia

Subject(s): Centro de reabilitação; Tominho (Galiza)


Description

Nesta Tese de Disertación optouse por un “TRABALLO DE PROXECTO” na área da arquitectura. Ten por obxecto a elaboración dun Centro para persoas discapacitadas físicas ou sensoriais, emprazado na zona de A Rocha (Tomiño). Trátase dun equipamento necesario, non so para o Concello, senón tamén para toda a comarca. Por este motivo será ocupado pola Asociación de discapacitados do Baixo Miño (Vontade). A Rocha sitúase sobre un pequeno montículo preto do principal núcleo urbano de Tomiño. Trátase dunha zona frecuentada por veciños de todas partes do concello debido a que existen equipamentos no que se ofrecen servizos a todo o municipio (centro de día, centro de saúde, policía local, casa da cultura…). Deste xeito, dáse un importante fluxo de persoas de diferentes partes do municipio. Unha das principais carencias que teñen os centros deste tipo é falta de relación entre os seus usuarios e a cidadanía en xeral, na práctica apenas existe convivencia entre usuarios e funcionarios. Polo tanto, estase no camiño oposto ao obxectivo fundamental: a plena integración das persoas con discapacidade. Neste sentido, é importante a implicación das empresas do entorno, as que crean máis postos de traballo, entre as que destaca o sector da planta ornamental. Deste TRABALLO DE PROXECTO destácanse dous aspectos fundamentais: a parte social e a parte sustentable. No primeiro caso, poténciase a relación usuario sociedade tendo en conta as principais actividades económicas do entorno (relacionadas co cultivo de planta ornamental). Éstas son desenvolvidas no centro para formar aos usuarios e para que poidan vender os seus propios produtos á poboación. Ademais deste servizo de ventas, e tendo en conta a localización do Centro nunha zona de equipamentos públicos na que se concentra gran cantidade de persoas, tamén se crea unha cafetería e unha ampla zona de lecer con xardíns. O obxectivo fundamental é que as persoas acudan ao Centro e se relacionen cos usuarios. No segundo caso, o Centro conta cun conxunto de solucións sustentables adaptadas as súas características e necesidades como pode ser: unha estrutura deseñada co concepto de masa térmica, o aproveitamento de augas pluviais para o sistema de rego (xardín e invernadoiro), o uso de paneis solares para solo radiante, o aproveitamento dos materiais da fachada para a creación de electricidade ou a optimización da iluminación e ventilación natural a través de patios interiores axardinados. Na concepción do Centro foi aplicado o principio de “Deseño universal”. Éste é fundamental nun Centro de discapacitados, xa que unha parte significativa dos seus usuarios son persoas con mobilidade reducida. Deste xeito, poden desprazarse con autonomía, seguridade e comodidade tanto en zonas interiores como exteriores. Ademais da accesibilidade, tamén se tivo unha especial preocupación pola funcionalidade e a luminosidade do edificio, co fin de mellorala confortabilidade dos seus utilizadores.

Abstract: In this Dissertation Thesis, the author has chosen a “PROJECT WORK” on the field of Architecture. The scope of it is the creation of a Centre for Disabled People -physical or sensory- located in the area of A Rocha (Tomiño). This building is of crucial need, not only for the council, but for the whole area around it. For this reason it will be occupied by the Disabled People Association Vontade, from Baixo Miño. A Rocha is an area located on a small hill in the core of the town of Tomiño. It is a very busy area where many locals go due to the amount of services available (day centre, medical centre, local police office, cultural centre, etc.). This makes it possible that many visitors come along this place. One of the main issues about these centres is the lack of interaction between their users and the local people, in practice there is hardly any coexistence between users and employees. This shows an opposite direction of its vital aim: the full integration of disabled people. It is therefore crucial the implication of the local companies, those who set up more jobs. Among these companies, the most important one is the ornamental plants culture. There are two main points in this PROJECT WORK: the social part and the sustainable part. On the one hand, the relationship between user and society is boosted, bearing in mind the main business in the area (related to the ornamental plants culture). This is developed in the Centre to train the users, so that they can sell their own products to the public. Moreover, and taking into account the location of the Centre in an area full of public services which is really busy, there is also a café and a big leisure area with gardens. The main aim of this is to make people visit the facilities and interact with the users. On the other hand, the Centre has some sustainable solutions adapted to its features and needs, like a structure designed with the concept of thermal mass, the use of rain for the irrigation system (garden and greenhouse), solar panels for the underfloor heating, the use of the facade materials to create electricity or the optimisation of lighting and natural ventilation by means of indoor patios with garden. The conception of the Centre is based on the principle of “Universal Design”. This is crucial in a Centre for disabled people since the majority of the users are people with restricted mobility. With this system, they can move autonomously, safely and comfortably both in indoor and outdoor areas. Apart from accessibility, the stress was put in making it a highly functional building with a good lighting, so that the comfortability of the users can be improved.

Document Type Master thesis
Language Spanish
Advisor(s) Brochado, Rui; Correia, Rui
Contributor(s) Repositório Comum
facebook logo  linkedin logo  twitter logo 
mendeley logo

Related documents

No related documents