Publicação
Monstros e seres fantásticos: un imaxinario fundador na construción da imaxe do Oriente
| Resumo: | Esta tese pretende recrear a imaxe marabillosa do Oriente que se difunde na Península Ibérica nos séculos finais da Idade Media. Para cumprir tal cometido, estúdanse os monstros e seres fantásticos que aparecían nos libros de viaxes que exploraban o continente asiático. Os relatos de viaxes escollidos son aqueles que chegaron a circular na Península desde o século XIV ao XVI. En primeiro lugar, analizarase a figura do monstro, o concepto de Asia no Medievo europeo e a redescuberta do Oriente na Idade Media. Estes capítulos son necesarios para comprender despois tanto as características coma a importancia da relación entre o monstro e este territorio, e poder analizalos desde a perspectiva da Europa medieval. Despois, seguindo as diferentes rexións de Asia, estúdanse os monstros que se atopan nos libros de viaxes medievais seleccionados, coas súas características e os lugares nos que se sitúan. En cada un destes territorios, farase unha pequena introdución de posibles mitos anteriores e despois agrúpanse os monstros segundo o seu emprazamento concreto, que pode ser real ou imaxinario. Desta maneira podemos ver qué panorama monstruoso se crea para cada lugar, e ter así unha imaxe completa do continente, ao mesmo tempo que de cada rexión. Por último, e o obxectivo final, é analizar qué datos nos aporta esta imaxe monstruosa dos libros de viaxes sobre o Oriente, qué é o que define este panorama marabilloso: as diferencias entre os diferentes relatos, patróns que segue ou datos únicos e excepcionais. Desta forma, indicarase cales destes datos nos aportan información sobre o Oriente, tanto sensacións que se poida transmitir sobre o territorio (medo, fascinación...) como pistas que nos poidan dar sobre as xentes dese lugar. Tamén se destacarán aqueles conceptos que traspasan os libros de viaxes e acaban por arraigar na sociedade do momento, coma a alteridade ou o “home salvaxe”. |
|---|---|
| Autores principais: | Pazos Romero, Lorena |
| Assunto: | Bestiário medieval Península Ibérica Oriente Monstros Libros de viaxe Monsters Travel literature Orient Iberian Peninsula Medieval Bestiary |
| Ano: | 2018 |
| País: | Portugal |
| Tipo de documento: | dissertação de mestrado |
| Tipo de acesso: | acesso aberto |
| Instituição associada: | Universidade Nova de Lisboa |
| Idioma: | espanhol |
| Origem: | Repositório Institucional da UNL |

|---|