Publicação
Evolución na xeración de residuos ao longo das cadeas de subministros nas economías ibéricas: análise comparativa de España e Portugal
| Resumo: | Nas últimas décadas a xeración de residuos converteuse nun dos principais problemas medioambientais debido ao impacto que exerce unha incorrecta xestión dos mesmos sobre o medio natural. Perante este contexto, foise propagando unha maior preocupación ambiental na que a redución do volume de residuos é a súa principal premisa. No caso da Unión Europea (UE), o obxectivo da lexislación en materia de xestión de residuos centrouse na prevención e na reciclaxe para tender cara un crecemento económico moito máis sostible. Porén, e malia os logros acadados, é necesario seguir avanzando nesta liña xa que moitos membros, especialmente, os do Sur de Europa, aínda se afastan dos obxectivos propostos para 2020. Por iso, o obxectivo deste traballo é aplicar unha metodoloxía Análise de Ciclo de vida Input-Output (EIO-LCA nas súas siglas en inglés) para analizar o volume e tipoloxía de residuos xerados directa e indirectamente en cada elo da cadea de subministros das actividades económicas de España e Portugal. |
|---|---|
| Autores principais: | Ruiz-Peñalver, Soraya M. |
| Outros Autores: | Marques Da Costa, Nuno; Queirós, Margarida; Camacho, José A. |
| Assunto: | Cadeas de subministro Xeración de residuos Subministradores directos e indirectos España Portugal |
| Ano: | 2018 |
| País: | Portugal |
| Tipo de documento: | artigo |
| Tipo de acesso: | acesso aberto |
| Instituição associada: | Universidade de Lisboa |
| Idioma: | espanhol |
| Origem: | Repositório da Universidade de Lisboa |

|---|